Monday 06 de May de 2024

Abertas as inscricións nos cursos de piragüismo para este verán en Brión


O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, convoca uns cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos, que terán lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons). As clases terán lugar todos os venres de xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín.
Para participar non é preciso ter coñecementos previos deste deporte, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición. A cota de inscrición é, precisamente, o pago da correspondente licenza federativa, segundo a idade do participante. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 88 70 08.